XX Xornadas da Sociedade Galega de Admisión e Documentación Clínica
A información sanitaria ¿ao servizo de quén?





Recargar   Disminuir tamaño de letra   Aumentar tamaño de letra   Imprimir texto
Inicio / Presentación / Presentación

Presentación

Presentación
 
Estimadas compañeiras e compañeiros,
 
Un ano máis achégase o momento de celebrar a reunión da Sociedade Galega de Admisión e Documentación Clinica. 
Temos a honra este ano de presentarvos as XX Xornadas da SOGADOC que terán lugar no noso hospital e o pracer de invitarvos a visitar a nosa cidade.
Queremos organizar unha xornada que esperamos sexa de moito interese para todos os profesionais do noso ámbito, tanto na súa parte científica, que versará en torno á Información Sanitaria, coma na parte lúdica, que servirá un ano máis de lugar de encontro de todos nos.
Todos os que formamos parte dos Comités Organizador e Científico vos queremos animar a que nos visitedes e a que participedes activamente, tanto coa vosa presenza, coma coas vosas comunicacións.
Esperamos vervos a todos o 12 de novembro.

Ata enton, recibide un cordial saúdo.

Comités Organizador e Científico


 © Serglo