As estradas, do mesmo xeito que os camiños históricos, forman parte do patrimonio cultural polo seu papel na construción do territorio. Ao mesmo tempo, a planificación e o proxecto das estradas de novo trazado deben realizarse dacordo cos valores culturais, ambientais e paisaxísticos do territorio.
Nesta dobre relación entre as estradas e o territorio prodúcense conflitos que modifican os proxectos e atrasan a execución das obras e nos que a coordinación entre administracións debe ter como apoio unha boa planificación e un bo proxecto.
Dialogar sobre este tema que nos afecta como profesión é o obxecto deste I Congreso que queremos que xea participativo, polos profesionais que intervirán, non xó enxeñeiros de camiños, canais e portos, e polas administracións, non só as relacionadas co patrimonio cultural e a ordenación e planificación do territorio e o medio ambiente.
Convocámosvos, xa que logo, a que presentedes comunicacións e a que colaboredes coa organización do Congreso, do que o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, a Demarcación de Estradas do Estado en Galicia ou a Dirección Xeral de Obras Públicas da Xunta de Galicia, só queren ser intermediarios dun congreso no que queremos que estemos todos e que poida celebrarse en sucesivas edicións noutras Comunidades Autónomas.
Últimas novas
 |
12/01/2010
O Ministro de Fomento e o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras confirman a súa participación na clausura oficial do congreso.
Leer máis |
 |
10/11/2009
Reunión do comité organizador do congreso co director xeral de Estradas
|
 |
24/09/2009
Visita ao presidente da Autoridade Portuaria de A Coruña
Leer máis |