· Español   · English   · Galego   
I Congreso International de Estradas, Cultura e Territorio





Recargar   Disminuir tamaño de letra   Aumentar tamaño de letra   Imprimir texto
Inicio / Comunicacións / Normas de envío / Normas de envío

Normas de envío

Normas de envío
NORMAS XERAIS
As comunicacións que se presenten versarán sobre algún dos grupos de traballo en que se estrutura o Congreso. Deberá terse en conta o lema do mesmo: "Estradas, cultura e territorio".

As comunicacións teñen que ser orixinais e non ter sido publicadas nin presentadas noutros congresos.

Toda a documentación que se envíe para ser publicada ou exposta no Congreso é propiedade única e exclusiva do autor.

O soporte da documentación será dixital. Ademáis dos formatos específicos dos ficheiros base da documentación remitirase unha copia integrada da mesma en formato pdf.
 
PROPOSTAS RESUMO
Prazo límite de recepción de propostas: 15 de setembro de 2009.

Remitirase á Secretaría Técnica do Congreso a través do formulario de envío online ou utilizando o formulario pdf que atopará no pé de páxina. Constará dun resumo dun máximo de 200 palabras, indicando o grupo de traballo no que e encadra a proposta a xuízo do autor.

Unha vez revisadas e admitidas as propostas, faranse chegar aos seus autores as normas específicas de presentación de comunicacións.
 
COMUNICACIÓNS
Prazo límite de recepción de comunicacións: 17 de novembro de 2009.

As comunicacións recibidas en data, revisadas e admitidas, publicaranse no Libro de Actas do Congreso, que será entregado aos asistentes.
 
PÓSTERES
Pódense presentar pósteres sobre a temática do Congreso.

Unha vez revisados polo Comité Técnico farase chegar aos autores a notificación de aceptación ou rexeitamento dos mesmos.

Os pósteres quedarán expostos e os autores poderanos presentar aos asistentes dunha forma individual paralelamente ás sesións do congreso.

Os devanditos traballos publicaranse nas Actas do Congreso.

Poderán presentarse os pósteres en calquera tipo de material que sexa facilmente adherible mediante cinta velcro (papel, cartón, cartolina, cartón pluma, etc.) cun tamaño máximo de 150 cm de alto por 90 cm de ancho.
 
 
Para máis información, os interesados poden porse en contacto coa Secretaría Técnica do Congreso.
 © Serglo