O 18 de febreiro reuniuse na Coruña o comité organizador do congreso internacional que, sobre estradas, cultura e patrimonio, decidiron organizar a Demarcación de Galicia do Colexio, a Demarcación de Estradas do Estado en Galicia e a Dirección Xeral de Obras Públicas da Xunta de Galicia. O congreso celebrarase na Coruña, oos días 3, 4 e 5 de marzo de 2010, e a sede estará no Palacio de Exposicións e Congresos, PALEXCO.
O Congreso tratará sobre as estradas, dende unha visión patrimonial, tanto cultural como natural, e como ordeadoras do territorio. Reivindicarase o proxecto. O seu ámbito xeográfico non será fundamentalmente Galicia, senón que se abrirá ás Comunidades adxacentes e Cantábricas: Castela-León, Asturias, Cantabria e País Vasco. Tamén se incluirá a rexión norte de Portugal. Buscarase a implicación dos organismos responsables das estradas destas Comunidades e a nivel nacional, ademáis dos das demarcacións do Colexio e da Rexión Norte da Ordem dos Engenheiros portuguesa.