O Comité Organizador do I Congreso Internacional de Estradas, Cultura e Territorio, reuniuse co director xeral de Estradas, Aureliano López Heredia, o día 10 de novembro. Á reunión, xunto con Angel González del Río, xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, asistiron o Decano, o vice-decano, José Antonio González Meijide, e os vocais da Xunta Rectora, Rafael Eimil Apenela e Enrique Urcola Fernández-Miranda.
O Director Xeral, que presidirá unha das sesións do congreso, manifestou o seu apoio á organización deste evento. O congreso está organizando pola Demarcación de Galicia do Colexio, coa colaboración da Dirección Xeral de Estradas e a Dirección Xeral de Infraestruturas da Xunta de Galicia, e terá lugar os días 3, 4 e 5 de marzo de 2010, na Coruña.