O día 9 de xullo, tivo lugar en León unha reunión preparatoria do I Congreso Internacional de Estradas, Cultura e Territorio, que a Demarcación de Galicia vai celebrar durante os días 3 ao 5 de marzo de 2010, na Coruña. Á reunión asistiu o decano da Demarcación, Carlos Nárdiz Ortiz, acompañado polo vice-decano, José Antonio González Meijide, os vogais Fernando Corbal Debén, Enrique Urcola Fernández-Miranda, Eloy Fernández-Valdés Martínez-Estévez, e Manuel Durán Fuentes e polo secretario, Francisco Rosado Corral.
Da Demarcación de Castela-León asistiron o decano, Francisco Ledesma García, e o secretario, Javier Muñoz Álvarez. Do Ministerio de Fomento asistiron Angel González del Río, xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, Eduardo Toba Blanco, Miguel Angel García Rodríguez, Manuel González Fernández, xefes das Unidades de Conservación e Explotación da Coruña, A Rioxa e León, respetivamente, Manuel Rafales Molina, xefe do Servizo de Planeamento, Proxectos e Obras da Demarcación de Castela e León Oriental e Isaac Moreno Gallo, da Demarcación de Carreteras do Estado en Aragón, actualmente asesor da Xunta de Castela-León.
Durante a reunión debatiuse sobre os diferentes temas que abarcará o Congreso, dende os camiños históricos á paisaxe da estrada, e animouse aos responsables do proxecto e a conservación das estradas a participar activamente no Congreso, mediante a aportación das súas experiencias.