O 24 de setembro, o decano Carlos Nárdiz Ortiz, acompañado polo vogal da Xunta Rectora e presidente da Comisión de Proxectos e Obras da Demarcación de Galicia, Enrique Urcola y Fernández-Miranda, e o secretario, Francisco Rosado Corral, realizou unha visita ao presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, Enrique Losada Rodríguez, que foi acompañado por Enrique Maciñeira Alonso, director do Porto.
A reunión serviu para dar a coñecer o I Congreso Internacional de Estradas, Cultura e Territorio ao novo presidente da Autoridade Portuaria, dado que a sede elixida para o congreso é o Palacio de Exposicións da Coruña, situado en terreos portuarios. A reunión serviu tamén para tratar outros temas sobre a relación Porto-Colexio e concluiu coa invitación aos colexiados a realizar unha visita ás obras do Porto Exterior, acontecemento da enxeñería portuaria, actualmente en construcción.