· Español   · English   · Galego   
Salón Internacional de Tecnología
Recargar   Disminuir tamaño de letra   Aumentar tamaño de letra   Imprimir texto
Inicio

SITE

SITE


Como está sucedendo na Web, na era 2.0, "os bancos deben espertar ao feito de que as empresas exitosas do futuro non terán clientes, terán participantes e en lugar de ter un negocio terán unha comunidade". Chris Skinner
Por primeira vez nun evento feiral, SITE 2010 creará na Coruña un punto de encontro para a innovación na banca, o comercio electrónico e as administracións públicas, un escaparate no que descubrir as tecnoloxías máis prometedoras dentro do seu espazo expositivo, mentres se analizan as propostas máis provocadoras de expertos mundiais na súa sección congresual, inaugurada por Chris Skinner, autoridade mundial sobre o futuro dos servizos financeiros.

En pleno proceso de dixitalización das xestións por parte de empresas e particulares, que está a cambiar as estruturas convencionais, e cun marco legal que a Administración está a adaptar a esa nova realidade, o papel da tecnoloxía é fundamental para crear novos modelos de negocio. Empresas e institucións teñen a posibilidade de aproveitar esta oportunidade de mellorar a súa competitividade, apostando por procesos de internacionalización, de innovación en valor e de mellora da súa interoperatividade. 
 
• Comercio e transaccións electrónicas - internacionalización
• Tecnoloxía financeira
• Innovación Tecnolóxica no sector público
 

 
 
 © Serglo